O Concello de Boiro destaca o “bo ritmo” das obras da nova sede do Club de Remo de Cabo de Cruz

20 Maio 2020

O Concello de Boiro continúa coas obras que dan forma á nova instalación do Club de Remo de Cabo de Cruz. O alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de deportes, Marcos Fajardo, e a concelleira, María Outeiral, comprobaron os traballos na mañá deste mércores 20 de maio. Fixérono xunto co arquitecto municipal, Emilio Piña, e o arqueólogo municipal, Víctor Barbeito, co obxectivo de coñecer a evolución das mesmas.

O Goberno local lembrou que o proxecto tivo as pasadas semanas un parón no desenvolvemento das tarefas pola existencia dun poste de alta tensión “que interfería na execución das obras”. Unha vez retirado, retomouse a actividade, polo que “a construción evoluciona a bo ritmo”, explicou o Concello, engadindo que o proxecto da instalación sufriu unhas modificacións nas últimas semanas, consensuadas entre as tres partes implicadas na execución da obra, o Concello, a empresa adxudicataria da obra e o Club de Remo.

Nestas últimas modificacións decidiuse o redeseño do foso para a práctica deportiva no inverno, que se empezou a construír esta semana e que vai ocupar 141 metros cadrados da nova instalación, cun ancho de 9 metros e unha lonxitude total de 15’5 metros. “O foso”, explicou o Concello, “conta cun deseño específico de bancadas e toletes que se axustan ás condicións reais das traíñas e tamén uns sistemas específicos de circulación e impulsión de auga que permiten simular condicións reais en competición”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...