Mar e o GALP Costa Sostible fan balance das axudas recentes ao sector pesqueiro

12 Marzo 2026

A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto coa directora territorial da Consellería do Mar, María José Cancelo, mantiveron este xoves 12 de marzo unha reunión de traballo coa xerente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Seo Fisterra-Ría Muros-Noia (Costa Sostible) Manuela Oviedo, na que analizaron a situación actual do grupo e fixeron balance das últimas convocatorias de axudas destinadas ao desenvolvemento local e ao sector pesqueiro.

Como lembraremos, o GALP Seo Fisterra-Ría Muros Noia (Costa Sostible) abrangue 9 concellos das comarcas de Costa da Morte e Barbanza: Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, e está integrado por un total de 41 entidades socias, das cales o 36,58% representa o sector social; o 26,82%, o sector pesqueiro; o 22,5%, o sector público; e o 14,63%, o sector económico. A entidade conta ademais con 18 entidades vocais, nas que están representados pósitos locais, colectivos de redeiras, empresarios e comerciantes, entidades veciñais, culturais e deportivas, así como concellos.

No encontro realizouse tamén balance da convocatoria de axudas aprobada no ano 2025 para proxectos vinculados ao desenvolvemento local e ao sector pesqueiro, co-financiada pola Consellería do Mar e polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Concretamente, o ano pasado esta entidade apoio nestes municipios para 14 proxectos cun importe de axudas de máis de 1,3 millóns de euros e mobilizaron un investimento total de máis de 1,6 millóns de euros. A maioría destas iniciativas foron presentadas por confrarías de pescadores como as de Corcubión, Fisterra, Muros, Noia, Porto do Son ou Lira, ademais tamén contan con proxectos aprobados concellos, asociacións e empresas da contorna.

Belén do Campo informou ademais de que a Xunta, a través da Consellería do Mar, xa pechou o prazo para solicitar as axudas deste ano para proxectos ao abeiro das Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) dos GALP, dotada cun total de 6,9 millóns de euros. Trátase de apoios de carácter plurianual, co-financiados pola Consellería do Mar e polo FEMPA, dirixidos aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que concorran de maneira individual ou conxunta. A través de este GALP presentáronse 19 propostas para esta nova convocatoria.

Esta orde corresponde coa cuarta edición e son achegas que contribúen a promover unha economía azul sostible nas zonas costeiras, fomentando o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas, a mellora das condicións laborais, a creación de emprego, o impulso da innovación, así como a valorización do patrimonio cultural e medioambiental.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.