Muros activa un servizo de préstamo solidario de materiais adaptados e sanitarios

30 Xaneiro 2026

O Concello de Muros informou esta semana da posta en marcha do Banco Solidario de Préstamo de Materiais Adaptados, un servizo municipal impulsado pola área local de Servizos Sociais para recoller doazóns de axudas técnicas e prestalas gratuitamente a persoas en situación de dependencia ou discapacidade.

O banco permitirá a achega de balde (a quen o precise) de materiais e utensilios como cadeiras de rodas, camas hospitalarias, guindastres, elevadores, andadores, muletas ou colchóns antiescara. Trátase de dar unha segunda ou unha terceira vida a aparellos ou aveños que temos na nosa casa e que xa non usamos, podendo beneficiar a outras familias. Dende o Concello de Muros salientan que “reutilizar é coidar das persoas e do noso entorno”. Quen precise máis información pode chamar ao teléfono 981 762 465 ou contactar coa conta de correo electrónico servizos.sociais@muros.gal.

“Esta iniciativa presenta varias vantaxes: solidariedade comunitaria, redución de custes, sostibilidade, rapidez e mellora dos servizos sociais”, segundo destacou a alcaldesa, María Lago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.