Callejeros Barbanza comezou o ano cunha nova sede e unha tenda solidaria en Ribeira

27 Xaneiro 2026

Co inicio do novo ano, a asociación Callejeros Barbanza conta en Ribeira con nova sede e cunha tenda solidaria, no histórico local que ata hai pouco ocupaba a Ferretería Mariano, na praza do Concello, cuxo propietario cedeu solidariamente o inmóbel á entidade animalista. Trátase, como lembraremos, dunha asociación benéfico-social envorcada en boa medida no coidado animal que atende cada ano varios centos de gatos aos que lles proporciona un lugar para vivir, atención médica e alimentos, ademais de esterilizacións, vacinacións e coidados.

Coa apertura da tenda solidaria de Ribeira búscase cubrir boa parte dos importantes gastos que implica o coidado da importante poboación felina do concello. Dende alí distribúense todo tipo de artigos relacionados cos animais: roupa, xoguetes ou artigos de menaxe, entre outros obxectos.

Dende a asociación indicaron que teñen aínda unha débeda veterinaria duns 20.000 euros que agardan afrontar cos beneficios obtidos e coa colaboración da veciñanza.

No primeiro andar do local estanse a perfilar obradoiros, charlas e xuntanzas de traballo e no baixo a tenda solidaria.

Ademais do devandito, Callejeros Barbanza busca coa súa nova tenda traballar na sensibilización da veciñanza sobre o importante que é o coidado animal e a tenza responsábel de animais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.