Todo listo para a carreira solidaria de San Silvestre en Noia

31 Decembro 2025

Entre as actividades impulsadas polo Concello de Noia para celebrar o remate de ano inclúese, na tarde deste 31 de decembro, a nova edición da carreira solidaria de San Silvestre, que se celebra a partir das 17.00 horas. As inscricións están abertas e aínda poden facerse a través do documento en liña habilitado. Tamén se poden levar a cabo enviando nome completo da persoa interesada, teléfono de contacto e DNI ao correo electrónico a comunicacion.concellodenoia@gmail.com. Trátase dun evento solidario, con recollida de produtos básicos de alimentación e produtos de Nadal. Haberá chocolate con churros de balde para as persoas doantes.

A Carreira de San Silvestre é unha tradicional proba deportiva, festiva e solidaria. Está programada para o mércores 31 a partir das 17.00 horas, con saída e chegada na Alameda. O percorrido será de 3 quilómetros. Haberá recollida solidaria de produtos básicos de alimentación e produtos de Nadal. Tamén, haberá chocolate con churros de balde para todas as persoas doantes.

Outros artigos

A presidenta de Portos reúnese coa directiva do Club Náutico de Muros

A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, mantivo esta mañá unha reunión coa directiva do Club Náutico de Muros, que preside Francisco Barreiros. Esta é a primeira xuntanza institucional da presidenta do ente público coa entidade, de recente creación. No...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...