Proseguen en Outes as actividades dirixidas a celebrar o Nadal impulsadas e/ou apoiadas polo Concello. Este sábado 27 de decembro está prevista unha das actividades máis destacadas: o Concerto de Nadal da Escola de Música Municipal de Outes e da Coral Francisco Añón. Será na Casa da Cultura de Outes a partir das 20.00 horas. O concerto preséntase como unha cita cultural solidaria, con formato de espectáculo benéfico a favor de Cáritas. En base a isto, serán admitidos alimentos e doazóns para botar unha man, nestas festas solidarias, a quen máis o precisa.




