Alumnado do CEIP Rosalía de Castro entrega a Servizos Sociais de Padrón os alimentos recollidos durante a súa campaña de Nadal

18 Decembro 2025
Alumnado de 3º de Primaria. Detrás, ,pola esquerda: Anxo Arca, Mariló Saco, Octavio Sánchez Mallo (director do Rosalía), Begoña Castro (titora de 6º) e Blanca Represas (titora de 3º).

Alumnado de terceiro curso de primaria do CEIP Rosalía de Castro xunto co director, Octavio Sánchez, entregaron este mércores 17 de decembro ao alcalde, Anxo Arca, e a concelleira Mariló Saco, todos os alimentos que recolleron no colexio durante a campaña de Nadal para colaborar coas familias con menores recursos do municipio.

Os produtos, agrupados en varias caixas, foron doados ao Servizos Sociais municipais para que, dende o Concello, sexan distribuídas entre aquelas familias de Padrón que máis o necesitan.

Ademais de conservas, pasta ou galletas, nesta doazón especial non faltaron os típicos doces de Nadal, para que todas as familias do municipio poidan gozar destas datas.

A campaña de recollida comezou a principio deste mes de decembro e volveu ter unha grande acollida entre as familias. “Este é o quinto ano que a organizamos, e ten sempre moi boa acollida entre as familias”, indicou Octavio Sánchez.

No acto estiveron presentes nenos e nenas de terceiro curso de primaria, acompañados pola súa titora, Blanca Represas, polo director do centro, e pola titora de sexto, Begoña Castro.

O alcalde e a concelleira agradeceron a implicación de toda a comunidade educativa nesta iniciativa, que “amosa a solidariedade do alumnado do Rosalía de Castro para facerlle máis agradable o Nadal a todas as familias do municipio”. Mariló Saco resaltou que o Rosalía é o único centro de Padrón que organiza esta iniciativa solidaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.