Noia Histórica sortea 5 dispositivos intelixentes Apple Watch Serie 11 na súa Campaña de Nadal

15 Decembro 2025

A asociación de empresarios Noia Histórica presentou xunto co Concello a súa Campaña de Nadal para estas festas 2025-2026, dirixida a impulsar, fortalecer e reivindicar o comercio local e recompensar á cidadanía que aposte polos seus comercios. Trátase dunha “campaña ambiciosa en premios e cunha programación moi especial que se vai desenvolver ata o 5 de xaneiro”, informaron dende a patronal, engadindo que as compras en Noia achegarán aos clientes rifas para o sorteo de cinco Apple Watch Serie 11.

Cómpre consultar as bases nas rifas e, tamén, as sesenta empresas participantes na campaña que darán acceso á participación neste importante sorteo. Os números premiados daranse a coñecer o vindeiro 7 de xaneiro.

Ademais, achegaranse as seguintes recompensas:

-Premio Especial de Noia Histórica de 800 € no sorteo dos décimos o 26 de decembro.

-Premio Especial de Noia Histórica de 250 € no Sabadete do @liceodenoia o 27 de decembro.

-Tren Infantil de Nadal o sábado 20, o luns 22, o martes 23 e o mércores 24.

-Belén animado en Santa María.

-Música nas rúas todos os días 🎼

Actividade subvencionada pola Xunta, a Deputación da Coruña e o Concello de Noia.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.