A Facultade de Filosofía da USC acolleu a semana pasada a presentación de Andares, o
novo libro do xornalista e escritor Luis Celeiro. Non foi un escenario escollido ao azar,
Celeiro dirixeu a Comunicación desta institución e regresou a ela cunha obra que
condensa mais dunha década da súa vida dedicada a observar, comprender e contar
anacos de Galicia.
Andares reúne unha ampla escolma de artigos publicados na prensa galega nos últimos
dez anos agrupados en nove grandes apartados que abordan temas sociais e culturais,
cintíficos, económicos e medioambientais, urbanos e rurais, e tamén lembra con afecto a
varios persoeiros gallegos.
Máis ca unha recompilación xornalística, o libro é un retrato lúcido, cálido e
fondamente humano de Galicia. Nel entrelázase reflexión, memoria e retranca; o pulso
da actualidade e a pegada da vida galega que Celeiro coñece polo miudo. En todos
sobresale unha ollada próxima e comprometida cós problemas e inquedanzas de Galicia
que relata cun estilo claro e amable no que combina o rigor do xornalista coa tenrura do
paisano que observa o mundo -o seu mundo- con calma, buscando sempre a verdade, e
reflexando as grandezas, as miserias e tamén a beleza que hai no cotián, na realidade
prosaica.
Porque este samonense encarna como poucos a figura do paisano ilustrado: agudo e
retranqueiro, cordial, xeneroso e observador, un home fondamente enraizado na súa
terra, pero coa amplitude de pensamento que dan os saberes e a experiencia. Ademais
do seu labor na Universidade de Santiago participou activamente, acompañando a
Portomeñe, no nacemente do Xacobeo e no renacer do Camiño de Santiago o que
consagrou moitos dos seus esforzos, entregou os seus afectos e o que dedica unha chea
de artigos en Andares. Por algo é tamén o biógrafo de Elías Valiña, o crego visionario
do Cebreiro que pintou as primeiras frechas amarelas e devolveu ao Camiño o seu
sentido universal.
Nos artigos non falta nunca a Tía Manuela, o seu alter ego literario, a voz da sabedoría
popular e contrapunto perfecto das súas reflexións. Ela pon sempre o broche final con
sentenzas tan breves como certeiras. Nun dos textos dedicados á chuvia, compañeira
habitual na vida galega, tras comentar que as predicións dos expertos “sempre acértan”,
intervén a Tía Manuela, que lera a Celso Emilio Ferreiro, para deixar unha verdade
incontestable: “Onde sempre chove sen parar, e cada vez máis, é na casa do pobre”. Esa
frase resume a sensibilidade e o compromiso que percorren Andares: a atención de
Celeiro á Galicia máis humilde, á que loita a diario, á que traballa e resiste baixo o
orballo con dignidade e humor.
Andares ofrece un testemuño íntimo e profundo sobre o que somos. Os seus textos,
coma as etapas do Camiño, deixan pegada no lector, porque Celeiro non só escribe
sobre Galicia, segue facendo o seu camino vital por ela.
Venres 27 con ceos moi nubrados, precipitacións febles no oeste e un ascenso das temperaturas
Galicia vivirá este venres, 27 de novembro, unha xornada marcada pola chegada dunha fronte cálida pouco activa que deixará abundantes nubes en todo o territorio e precipitacións de carácter feble. Estas chuvias serán máis probables na metade oeste do país, afectando...





