A Pobra estimulará a creatividade da veciñanza cos seus obradoiros de Nadal

21 Novembro 2025

A Concellería de Promoción Económica da Pobra do Caramiñal organiza, un ano máis, os seus obradoiros de Nadal. Trátase de propostas que completarán o programa do municipio para as festas do Nadal que están dirixidas a público adulto. As actividades levaranse a cabo durante o mes de decembro na Praza de Abastos e todas as sesións serán de 18.00 a 20.00 horas. As prazas son limitadas, polo que se requirirá inscrición previa a través do correo electrónico obradoirosnapobra@gmail.com.

O Concello explicou que “co obxectivo de que a iniciativa chegue ao maior número de veciños posíbel, cada persoa poderá anotarse nun único curso e, en caso de inscribirse en máis, pasaría a estar na lista de agarda”.

A concelleira da área, Amparo Cerecedo, sinalou que se fará un esforzo para que a convocatoria logre “cifras de asistencia similares ás acadadas nas últimas edicións, nas que se cubriron todas as prazas dispoñíbeis”. O programa de Promoción Económica busca, tal e como explicou a edil, “potenciar a creatividade da veciñanza, impulsándoos a utilizar a súa imaxinación con actividades centradas no Nadal”.

Nos primeiros obradoiros, que terán lugar entre o 1 e o 3 de decembro, os veciños e veciñas farán o seu propio Rudolf de tea. A iniciativa estará impartida por Mayka Gómez (Wooding).

Na seguinte proposta do calendario, o público asistente aprenderá, paso a paso, a confeccionar grilandas e a preparar unha mesa de Nadal mediante a creación de elementos decorativos. Neste caso, os talleres serán o 10, o 11 e o 12 de decembro a cargo de Cany Juncal.

As últimas actividades serán os talleres de elaboración de sobremesas típicas desta época, e estarán impartidos por Carla Madrid. Nos primeiros, que se desenvolverán o 13 e o 14 de decembro, as persoas asistentes elaborarán galletas e cupcakes de Nadal. Os segundos estarán centrados na elaboración de minitortas, de galletas e de cupcakes (17, 18 e 19 de decembro).

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...