“Volverá o servizo militar obrigatorio a España?”. Antón Luaces

15 Novembro 2025

Un informe recentemente publicado chama a atención sobre o tamaño das Forzas Armadas españolas que, en comparanza coas súas homólogas europeas, precisaría de 60.000 militares máis.

 O 31 de decembro de 2002 quedaba suspendida a prestación obrigatoria do servizo militar, tal e como contemplaba a Lei 17/1999, de 18 de maio, do Réxime de Persoal das Forzas Armadas. En 1940, apenas rematada a guerra española, Francisco Franco dictou a Lei de Reclutamento e Reemplazo do Exército. 

O 9 de marzo de 2001, o daquela ministro de Defensa, Federico Trillo, pronunciou a frase que marcaría o antes e o despois da “historia da mili” en España: “Señoras e señores, rematou a mili”, coa que se puña fin a máis de dous séculos de servizo militar obrigatorio. Foi, en grande medida, un trunfo da obxección de conciencia. 

Unha andaina semellante seguiron as Forzas Armadas de Alemaña, país que actualmente tenta chegar a ter un Exército de 870.000 soldados novos que, de non acadalos, formula a posible implantación do servizo militar obrigatorio. 

Pode ser este o camiño a seguir por España, onde a obxección de conciencia talvez chegaría a non ter a forza que tiña cando se aboliu ese servizo?.

A pregunta é pertinente, na miña opinión, tendo en conta que os efectivos actuais son 117.600 (2,4 por cada 1.000 habitantes) e que España debería sumar uns 60.000 efectivos para chegar á sinalada media europea.    

Nos últimos tempos son varios os países europeos que estudan os efectos da guerra entre Rusia e Ucraína, que leva consigo outros non desexables na veciñanza: aínda que anteriormente á citada

guerra, Polonia duplicou as súas tropas na última década acadando 216.100 e liderando en efectivos; Lituania tamén duplicou as súas forzas desde 2014; ou Grecia supera os 10 por cada 1.000 habitantes. 

O déficit español non é un caso illado: unha publicación do xornal El País sinala que a defensa europea presenta debilidades estruturais que acentúan a urxencia de reforzar os exércitos nacionais: fragmentación de equipos e sistemas, promovendo problemas de interoperabilidade; carencia de infraestruturas loxísticas e de mando unificado: falta dun escudo aéreo europeo cohesionado; necesidade de integración da defensa nuclear complementaria á de Francia e Reino Unido, cuestións todas elas que levan  á seguinte reflexión técnica: elevar as cifras sen resolver estes déficits pode limitar a capacidade real de defensa, máis aló do número de soldados.

En resposta ao rearme, a UE baralla o Plan ReArm Europe -tamén coñecido como Preparación 2030- o 6 de marzo de 2025.  

A principio do ano 2023, as Forzas Armadas de España contaban cun total de 144.285 efectivos, dos que 130.780 estaban en activo e 13.505 na reserva. 

Neste momento de tensión global, é relevante a comparanza do tamaño do exército de España co doutros países da Unión Europea xa sinalados anteriormente.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.