O luns 27 traerá tempo seco e ceos despexados

26 Outubro 2025

Galicia comezará a semana baixo a influencia das altas presións, que se estenderán en forma de cuña polo noroeste da Península. Esta situación atmosférica favorecerá unha xornada de tempo seco e estable, con ceos pouco nubrados ou despexados en xeral.

Só se agardan algunhas nubes baixas no extremo norte e néboas matinais no interior, que se irán disipando nas primeiras horas do día.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un pequeno ascenso, deixando un ambiente agradable durante as horas centrais.(19 a 22 graos).

O vento soprará do nordés, en xeral frouxo, aínda que con intervalos moderados nas zonas costeiras.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 2 a 4 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.