“É urxente dar pulo á remuda xeracional para asegrar o futuro da actividade pesqueira”. Antón Luaces

26 Outubro 2025

A secretaria xeral de Pesca reafirmou o papel clave das mulleres do sector pesqueiro e acuìcola. Foi no acto inaugural do III Foro da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca celebrado os días 24 e 25 na localidade asturiana de Llastres, fondamente ligada á tradición pesqueira, no  marco  do foro “Impulsando cambios, navegando derecho” que organizou a Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca). Isabel Artime reivindicou o papel clave que  desempeñan as mulleres no sector pesqueiro e acuícola e subliñou a necesidade de dar pulo á remuda xeracional. Salientou o labor de Anmupesca desde a súa creación en 2016 coma “unha voz forte, visible e respectada” que representa a traballadoras de todos os elos da cadea de valor do mar.

Este encontro permite compartir experiencias a representantes institucionais, investigadoras e mulleres do mar procedentes de distintos puntos de España,  para reflexionar sobre o papel das profesionais do sector marítimo-pesqueiro de España e os retos a acometer.

O III Foro Mulleres na Pesca tributou homenaxe a Teresa  “Teté” Costales, presidenta da Asociación Profesional de Redeiras de Baixura de Astur¡as (AREBA) e última atadora en activo  do oriente asturiano.

O director xeral de Pesca Marítima, Francisco González, salientou a notable influencia da muller n industria pesqueira de Asturias, aínda que admitiu que quedan desafíos por superar. 

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.