A Casa da Cultura de Outes acolle unha exposición do XV Certame de Artesanía Antonio Fraguas

22 Outubro 2025

A Casa da Cultura de Outes acolle unha exposición do XV Certame de Artesanía Antonio Fraguas do 21 de outubro ao 9 de novembro, en horario de mañá de 09:00 a 14:00 horas e de tarde 16:30 a 20:00 horas de luns a venres e o sábado de 11:00 a 13:00 horas. Este certame pon especial atención ás manifestacións artísticas, entendendo estas como sinais de identidade e tradicións dun pobo, valorando o traballo artesanal sen perder a contemporaneidade.

Nesta edición o xurado premiou na modalidade tradicional a Borja Canedo Martínez por coitelos de cociña Damasco, destacando o dominio do oficio, o uso dos distintos materiais (madeira e ferro) e a complexidade técnica, no proceso de elaboración e na estética final da obra.

Na modalidade contemporánea premiaron a Ezequiel Franchi Gil co seu traballo NASA, onde se destaca a mestura de técnicas tradicionais cunha visión moderna. El reinterpreta na súa obra ese aparello tan icónico da cultura marítima galega.

Ademais das pezas vencedoras, a exposición itinerante da Deputación da Coruña, reúne un total de 25 mais, dunha gran variedade de disciplinas como a xoiería, a cerámica, a carpintería, construción de instrumentos,…

Pezas gañadoras do certame na súa XV edición

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.