San Martiño (Noia) acolle este venres un concerto coral co Coro Amigos de la Ribeira (Asturias) e a Coral Feminina Barbanza

24 Setembro 2025

Este venres 26 de setembro temos unha cita musical de primeira liña na Igrexa de San Martiño de Noia, que será o escenario dun concerto coral moi especial a cargo do Coro “Amigos de la Ribera” (Ribera de Arriba – Asturias) e a Coral Feminina “Barbanza” (Noia). A cita será como dixemos este venres 26 de setembro de 2025 ás 21.00 horas.

A Coral Barbanza nace en outubro do ano 2021 a raíz dunha iniciativa do seu director, o profesor Alejandro Guillermo, para abrir un novo espazo de canto coral. Actualmente participan da mesma unhas 18 voces femininas, estudando un repertorio moi variado que inclúe desde música antiga, sacra, panxoliñas do Nadal, tradicional galega e popular. As súas primeiras presentacións foron en Noia na época de Nadal do pasado ano 2021 con dous concertos nas Igrexas de Sta. Cristina e San Martiño. Nos anos 2022 e 2023, a coral tivo moitas presentacións, non só en Noia senón tamén noutros puntos de Galicia e Portugal (Fermentelos). Nos primeiros meses de 2024 obtén o seu recoñecemento como asociación cultural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.