Porto do Son presenta o programa das Festas do Carme, que se celebrarán do 7 ao 11 de setembro

28 Agosto 2025

As Festas do Carme de Porto do Son, unha das citas máis agardadas do calendario local, celebraranse do 7 ao 11 de setembro cunha programación chea de música, tradición e actividades para todos os públicos.

O alcalde, Luis Oujo, acompañado por membros do goberno local e a técnica de Cultura, Lidia Moledo, presentou hoxe o cartel festivo, no que destacou que estas celebracións “son unha das máis importantes do municipio e un punto de encontro para veciñanza e visitantes”. O rexedor agradeceu tamén a todas as persoas e entidades que fan posible a organización desta festa.

Durante cinco días, Porto do Son acollerá pasacalles, procesións, misas solemnes, torneos deportivos, verbenas con grandes orquestras e actividades para a rapazada, ademais dun gran broche final con fogos artificiais e festa da auga.

Programación destacada

  • Domingo 7 (Véspera): Pregón a cargo de Juan Fuentes na praza de España e verbena con Los Españoles, Marbella e disco móbil Chocolate.
  • Luns 8 (Virxe do Carme): Procesión e misa solemne coa Banda de Música de Caamaño, procesión marítima con ofrenda floral polos mariñeiros falecidos e verbena con América SL e New York.
  • Martes 9 (Virxe de Loreto): Misas na capela de Loreto durante todo o día, misa solemne, sardiñada popular amenizada por Paco de Leña e verbena con Kubo e disco móbil.
  • Mércores 10 (San Roque): Misa e procesión na Capela de Atalaia e verbena con Los Satélites e Finisterre.
  • Xoves 11 (Caridade): Misa solemne, inchables e festa da escuma para os máis pequenos, verbena con París de Noia e Triunfo, e un gran final con fogos de artificio, pasacalles e festa da auga coa Charanga Os Celtas.

Con este amplo programa, o Concello de Porto do Son quere manter viva unha das súas tradicións máis populares, que combinan devoción relixiosa, música, gastronomía e diversión interxeracional, converténdose nun gran atractivo para veciños e visitantes.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.