Mar e Amicos xuntan forzas a prol da biodiversidade mariña na ría de Arousa

13 Agosto 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou este mércores 13 de agosto coa presidenta da asociación Amicos, María Esther Vidal, o convenio, dotado con 70.000 euros, para “seguir afondando na potenciación da restauración da biodiversidade e no fomento da cultura mariñeira na ría de Arousa, a través da inclusión e de boas prácticas encamiñadas á recuperación e conservación dos recursos pesqueiros e marisqueiros”.

Este acordo, que se inclúe na iniciativa Arousa-Lab, pertencente ao proxecto matriz Atlantic Arctic Agora (A-AAGORA), e impulsado polo departamento que dirixe Villaverde, busca “poñer en valor accións orientadas a incrementar a sensibilización local arredor de solucións baseadas na natureza que contribúan a mellorar o estado ambiental das nosas rías e a protección ecosistémica, achegando medidas entendidas como xeitos de protexer e manter os recursos do sector pesqueiro e marisqueiro, e defender as artes de pesca que contribúen á sustentabilidade dos recursos locais”.

Para a Xunta, indicou a conselleira, esta iniciativa é de enorme interese, “pois ten un gran valor social, inclusivo e mobilizador da comunidade para a cooperación nunha visión de futuro sustentábel da ría e, por extensión, da costa galega”.

Arousa-Lab, tramitado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro no marco do citado proxecto, e financiado por Horizonte Europa, inclúe así, ademais de accións de restauración, outras de sensibilización con axentes sociais, escolas e outras asociacións sobre a biodiversidade, abordando os residuos mariños e a protección dos ecosistemas dunares asociados ao Parque Nacional Illas Atlánticas e/ou Parque Natural de Corrubedo.

Unhas 2.000 laminarias

Posteriormente, a conselleira, convidada pola entidade social e inclusiva do Barbanza, acompañou aos representantes da mesma na solta de medio cento de laminarias na illa de Sálvora, enmarcada no proxecto que esta asociación está a levar a cabo coa confraría de pescadores de Carreira e Aguiño, e que tamén combina o fomento da inclusión social coa recuperación dos hábitats mariños.

Esta acción, segundo explicaron desde Amicos, “conta coa cooperación da Universidade de A Coruña, os Institutos de Ciencias do Mar do CSIC de Barcelona e de Vigo, e consolida unha aposta conxunta que busca asegurar a saúde e a produtividade da ría de Arousa para as xeracións futuras”.

Deste xeito, tal e como informaron, ao remate deste proxecto, uns 2.000 destes soportes de algas pardas serán sementados no espazo marítimo-terrestre que conforma o único Parque Nacional de Galicia, o das Illas Atlánticas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.