Luns 4, seguimos con calor extremo con ceos despexados

03 Agosto 2025

As altas presións e unha masa de aire cálido deixarán temperaturas de ata 40ºC no interior

Galicia comezará a semana baixo a influencia das altas presións e cunha masa de aire moi cálido en superficie, o que traerá consigo unha xornada de ceos maioritariamente despexados este luns.

Agárdanse algúns bancos de néboa matinais no interior e entrada de brétemas costeiras ao longo do día, especialmente nas zonas litorais.

As temperaturas seguirán en ascenso, sobre todo as máximas, que poderán acadar os 40ºC na metade sur, en especial en zonas do interior de Ourense e Pontevedra. No resto do país, os valores tamén serán moi altos para a época. O vento soprará frouxo do nordés, con intervalos moderados no litoral.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá, 0.5 a 1.5 metros á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.