Este mércores abre o prazo de inscrición de Xuventude na Rúa 2025, o programa de lecer estival para a mocidade de Porto do Son

30 Xuño 2025

O Concello de Porto do Son abre este mércores 2 de xullo, ás 9:00 horas, o prazo de inscrición da iniciativa Xuventude na Rúa 2025, unha alternativa lúdica, cultural e deportiva para a rapazada de entre 13 a 17 anos (nados/as do 2008 ao 2012) durante esta tempada estival.

As actividades levaranse a cabo os días 16,18,22 e 29 de xullo e 1,6,8 e 13 de agosto. Así, a rapazada poderá participar nesta proposta lúdico-cultural que se levará a cabo en horario de 10:30 a 13:30 horas.

Todas as familias interesadas poderán anotarse no rexistro municipal e na sede electrónica, a partir do 2 de xullo. Tamén poderán obter máis información nos teléfonos 981 767 589 e 698 197 909.

Desde o grupo de Goberno de Porto do Son animan a participar nesta iniciativa que “fomenta realizar actividades ao aire libre e na que se levarán a cabo propostas relacionadas co xogo grupal e non competitivo, relacionadas coa igualdade, así como tamén o respecto pola contorna e pola natureza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.