Barbanza Arousa promove a vía marítima do Camiño de Santiago cunha alianza con localidades de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Francia

17 Xuño 2025

O presidente da mancomunidade Barbanza Arousa e alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; o alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral e a xerente da mancomunidade, Fátima Cachafeiro, participaron na tarde deste luns 16 de xuño, en Xixón (Asturias), na sinatura do protocolo de irmandade das localidades nas que recala a iniciativa turística O Camiño de Santiago a Vela, unha travesía marítima comercializada polo operador Northmarinas desde hai dez anos e que conta co apoio de Barbanza Arousa.

En palabras da mancomunidade, esta iniciativa “encádrase dentro da estratexia da Mancomunidade de potenciar o Camiño de Santiago, tanto por mar coma por terra, coma produto desestacionalizador da demanda e de ampliación da pegada económica do turismo”.

Todos os representantes convidados destacaron a pegada que este itinerario deixa nos que se animan a completala e que supón un exemplo para o turismo sustentábel.

O protocolo de colaboración asinado ten como obxectivo fortalecer a cooperación entre a vintena de localidades nas que fai parada esta travesía, promovendo o crecemento do sector náutico a través do desenvolvemento de actividades socioculturais, turísticas e deportivas vencelladas ao mar e aos portos.

A sinatura do protocolo fíxose coincidir cunha das etapas de descanso desta travesía internacional que partiu a comezos deste mes de xuño de La Rochelle, en Francia, navegando por toda a costa norte de España. Terá unha duración de 27 días, entre etapas de navegación e descanso; chegando a Barbanza Arousa o vindeiro 29 de xuño.

Asemade, a Mancomunidade participou tamén no acompañamento aos peregrinos na súa saída dende o porto de Xixón.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.