A AD Esteirana de Remo e o Concello de Muros renden homenaxe este sábado a Xosé Manuel Saborido, “Fino”

22 Maio 2025

Este 24 de maio vaise celebrar en Esteiro (Muro) unha homenaxe a Xosé Manuel Saborido Núñez, Fino, polo seu “incansábel labor polo impulso do remo en Esteiro e para conseguir, co seu traballo, que as rapazas e rapaces da localidade puideran desfrutar deste deporte nas mellores condicións”.

En concreto, este sábado está previsto que se leve a acto o acto oficial de nomeamento das instalacións (a sede da Asociación Deportiva Esteirana de Remo) que levarán oficialmente o nome de Xosé Manuel Saborido Núñez, Fino.

Cómpre lembrar que o pasado mes de marzo o Concello de Muros aprobou por unanimidade unha proposta da Asociación Deportiva Esteirana de Remo para que as súas instalacións leven o nome dun dos seus principais impulsores, Xosé Manuel Saborido.

Fino foi o principal responsábel da entidade dende a súa fundación no verán de 1988 até o 2015, ano no que deixou a súa presidencia. A proposta estivo fundamentada “no inconmensurábel labor desenvolvido durante case tres décadas á fronte da asociación, nos logros acadados pola entidade nesa etapa, non só deportivos, e sobre todo na pegada que deixou ese traballo en varias xeracións de deportistas do concello de Muros”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.