Remata o seminario “Introdución teolóxica ao tema relixioso” con Andrés Torres Queiruga

20 Maio 2025

Rematou o seminario “Introdución teolóxica ao tema relixioso”, impartido polo teólogo aguiñés Andrés Torres Queiruga, nun ciclo formativo que se desenvolveu os días 5, 12 e 19 de maio nas instalacións do centro Lustres Rivas.

O relator, figura destacada no pensamento teolóxico contemporáneo, é membro da Real Academia Galega, do Consello da Cultura Galega, do Instituto de Estudos Padre Sarmiento e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela. Ao longo das tres sesións, abordou cuestións fundamentais da teoloxía desde unha perspectiva actual e accesible, ofrecendo ferramentas para a reflexión crítica sobre o feito relixioso.

O seminario contou coa colaboración do persoal do centro Lustres Rivas —Alicia Padín, Montse Iglesias, Sara García e Unai González— que acompañaron o desenvolvemento das sesións e facilitaron a participación do público asistente.

A iniciativa foi valorada moi positivamente polos participantes, destacando a calidade das intervencións e a oportunidade de dialogar con unha das voces máis recoñecidas do pensamento galego contemporáneo no ámbito da teoloxía e da filosofía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.