Henrique Monteagudo achegou na súa terra unha charla sobre falares e cantares muradáns

09 Maio 2025

O presidente da Real Academia Galega (RAG) e veciño de Muros, Henrique Monteagudo, estivo este xoves 8 de maio pola tarde na Fábrica de Sel para dar unha charla sobre Falares e Cantares Muradáns, dentro da programación do Mes das Letras no Concello de Muros, centrado na festa do 17 de maio (que este ano celebra e homenaxea a tradición oral e a poesía galega das cantareiras e as pandeireiteiras).

Monteagudo repasou algunhas das expresións e os versos que forman parte desta tradición oral en Muros. Ao remate do seu relatorio, recibiu un agasallo de man da alcaldesa, María Lago, e a concelleira de Cultura, Caridad González.

“Quero agradecer persoalmente a presenza hoxe aquí en Muros de Henrique, veciño noso pero cunha axenda agora mesmo moi apertada polas súas novas responsabilidades”, afirmou Caridad González.

Pola súa banda, María Lago lembrou “a importancia nas nosas vidas e en familias como a miña das cantareiras, que sen dúbida merecen o recoñecemento destas Letras Galegas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.