Rianxo festexará as Letras durante todo o mes con presentacións literarias, romarías, concertos, teatro e exposicións

06 Maio 2025

O Concello de Rianxo presentou o programa de actividades culturais para este mes das Letras Galegas, a axenda Maio Cultural, que inclúe todo tipo de propostas para celebrar a nosa cultura poñendo o foco nas vertentes máis populares da mesma e seguindo o fío das homenaxes que este ano a RAG acordou adicarlle ás cantareiras e ás representantes da nosa tradición hora. A axenda comezou este sábado 3 de maio no Auditorio cun festival infantil de música e baile tradicional (TR3S PRA’ 3) e proseguiron este luns 5 con teatro para escolares a cargo de Migallas e seguindo as pegadas dun ilustro veciño rianxeiro: Castelao.

A festa prosegue o sábado 10 na Carballeira do Cura de Asados coa Festa das Letras Vivas da que falamos polo miúdo neste medio de comunicación e que organiza o grupo Airiños en colaboración co Concello e a Deputación, a partir das 11.30 horas.

O venres 16 continúan as celebracións da cultura galega no Auditorio de Rianxo, a partir das 20.30 horas, coa presentación do poemario Remar, obra colectiva do alumnado da Aula Sociocultural de Poesía 2023. Organiza o Concello de Rianxo.

O sábado 17, Día das Letras Galegas, a festa focalízase en boa medida no Campo de Pazos, en Taragoña, onde se celebrará a Feira do 1906 (con sesión vermú a cargo de Boroa e serán con Bailai Malditos, DJ Maruxa e Coralia e DJ Belish, entre outras/os). Organiza a AC Festival Antrospinos, coa colaboración do Concello de Rianxo.

Sen saírnos do 17, sinalar que o Campo de Arriba de Rianxo será o outro epicentro das celebracións, co Concerto polo XXII Aniversario das Letras Galegas 2025 da Banda de Música de Rianxo. Participarán, a partir das 12.00 horas, o Coro do CEIP Ana María Diéguez, as Pandeireteiras da Asociación Vai de Roda e o Grupo de Baile da Asociación Cultural Fogo Fatuo. Organizan a Escola de Música de Rianxo, o Concello, o CEIP Ana María Diéguez, a AMBT Vai de Roda e a AC Fogo Fatuo.

O mércores 21 de maio Talía Teatro representará a obra DeseXo no Auditorio, a partir das 12.00 horas (teatro para escolares), organizado polo Concello.

Ademais, o venres 23 e o sábado 24 o Campo da Carballeira (Araño) acollerá a celebración do Hórreo Vivo. Haberá, durante todo o día, roteiros, monólogos, concertos e citas infantís. Actuarán De Ninghures, Federico Pérez, Pulpiño de Viascón, María Raxeta, Paula Carballeira, Quinquillada e Mondra, entre outras/os. Organizan a AC Carballeira de Baia coa colaboración de Concello e Deputación.

O sábado 31 celebrarase a IV Romaría Fousas ao Monte, en Filgueiras (Taragoña).

Ademais, até o 24 podemos ver no Auditorio a exposición do XVIII Certame Díaz Pardo das Artes.

Pandeireteira nunha imaxe de Vanessa Rábade

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.