Rois conmemora as Letras Galegas en clave deportiva e e saudábel co sexta edición da Andaina do Santo Isidro

05 Maio 2025

Coma todos os anos o Concello de Rois conmemorará o Día das Letras Galegas cunha ampla programación cultural e deportiva. Entre as actividades previstas inclúese a sexta edición da Andaina do Santo Isidro – Letras Galegas, con saída (10.00 horas) e chegada no Polideportivo Municipal e un percorrido de 14 quilómetros con coplas da tradición oral de Rois. As inscricións poden facerse ata o 14 de maio na web www.emesports.es.

As persoas participantes entrarán nun sorteo de zapatillas deportivas. Para optar a estes agasallos terán que facerse unha foto nos puntos quilométricos do percorrido, onde atoparán unha copla da tradición oral galega. As imaxes, nas que deberán figurar os indicadores quilométricos, deberán subirse ás redes sociais Facebook e Instagram en aberto e co cancelo #Roiscoasletras. Quen precise máis información, tena ao seu dispor na Rede, ao igual que as ferramentas precisas para faceren as inscricións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.