A veciñanza de Rianxo poderá mellorar a súa empregabilidade con competencias dixitais

02 Maio 2025

A Aula Activa do Mar de Rianxo vai dar acollida esta tempada de primavera-verán a un curso formativo en competencias dixitais ao servizo de veciñanza, destinado a incrementar a empregabilidade da veciñanza e a reducir a fenda dixital que separa a poboación máis afeita a empregar dispositivos e programas informáticas da que non o está.

A formación, que é gratuíta, está destinada a persoas dadas de alta en EmpregoGalicia. Hai tres niveis dispoñíbeis: básico, intermedio e avanzado. Unha vez superada a formación as persoas participantes recibirán unha computador portátil de agasallo.

A vertente de nivel básico comezará o 5 de maio e remata o 12 de xullo, en horario de 09.00 a 14.00 horas. O Concello de Rianxo colabora nesta iniciativa xunto a outras entidades para achegar formación dixital á cidadanía. Temos máis información na web de Dixigalizate e no teléfono 604 039 575.

Imparten Ara Formación e BeProject Consultores, coa colaboración do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.