Rianxo impulsa novas axudas para favorecer a implantación de novas empresas e comercios

22 Abril 2025

A xunta de Goberno local de Rianxo vén de aprobar as bases das novas axudas municipais para favorecer a implantación de novas empresas e comercios no termo municipal. A iniciativa, segundo o expresado polo alcalde Julián Bustelo, busca atraer novos negocios ao noso municipio subvencionando parte dos gastos da súa posta en funcionamento. “Esta iniciativa, xunto con outras que xa se executaron, diríxense a favorecer a apertura de novos establecementos comercias no noso municipio coa finalidade de dinamizar a nosa pequena e mediana economía”, destacou o alcalde, engadindo que “cada novo establecemento que abre supón un chanzo máis no camiño cara a recuperación do dinamismo comercial do noso pobo”. O rexedor tamén puxo en valor tamén o feito de que no ano 2024 Rianxo freara a perda de empresas do sector do comercio e da hostalaría.

A persoas interesadas en acceder a esta nova liña de subvencións poderán presentar a súa solicitude a partir da publicación das bases non Boletín Oficial da Provincia. Poderán acceder a unha axuda de 2.000€ para cubrir gastos diversos, engadiu o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.