A Xanela do Maxín leva a Abanqueiro, este venres, a historia da toupiña que quería saber quen lle fixera “aquilo” na cabeza

19 Marzo 2025

O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) acolle este venres 21 de marzo ás 20.00 horas un espectáculo para a rapazada: a representación teatral do conto A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Trátase dun espectáculo de A Xanela do Maxín para público infantil e familiar. As entradas estarán dispoñíbeis na billeteira dende unha hora antes da función.

Sinopse

A Toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento, converténdose en A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…

Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo.

O ecoloxismo, reutilización e reciclaxe tamén son temas sobre os que xira a totalidade dun espectáculo no que o público terá unha visión diferente dun tema tan natural como a vida mesma, ademais de facer unha reflexión sobre o final do conto: A vinganza é a opción correcta?

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.