O Noela acolle este domingo a estrea en Noia do musical “Odisea a través do tempo”

07 Marzo 2025

O domingo 23 de marzo o Coliseo Noela acollerá ás 20.00 horas o musical Odisea a través do tempo, unha proposta organizada polo IES Virxe do Mar, o Conservatorio Municipal, a Escola de Danza Oitos, e o Concello de Noia que salienta o “gran valor pedagóxico e social do proxecto que deu forma ao espectáculo, encadrado na celebración do Día Mundial da Auga e avalado polo patrocinio da Comisión Nacional Española da UNESCO”.

A función, cuxas entradas (de balde) poden conseguirse a través do documento en liña habilitado, contou coa colaboración activa da rapazada do IES Virxe do Mar e máis do Conservatorio de Noia, que se encargaron da coordinación do festival e, tamén, das diferentes vertentes artísticas do mesmo: teatro, escenografía, coro, iluminación, música (Conservatorio) e coreografía (Escola de Danza Oitos).

A obra está encadrada nos proxectos eCO2Rivers de Erasmus+ e a Cinco Climas entre os Ríos e os Barrancos do Cambio Climático da Secretaría de Estado de Educación, que coordina o IES Virxe do Mar. Con ela o centro educativo celebrou o Día Mundial da Auga.

A cita contará cunha ampla representación dos centros educativos participantes, e con conferencias a cargo de Anxo Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC e director da Fundación Pública galega de Medicina Xenómica, e de María Xosé Silvar (Sés), filóloga, antropóloga social e cantautora galega.

Anxo Carracedo achegará o relatorio Xenes e cambio climático e Sés Unha visión do musical Odisea a través do tempo e dende a antropoloxía social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.