Outes pon en marcha a primeira edición da súa Mostra de Teatro Amador

20 Febreiro 2025

O tenente alcalde e concelleiro de cultura, Anxo Núñez Fernández, xunto con Carlos Outeiral Miniño, director do grupo de teatro Terra de Outes, presentou na mañá deste 20 de febreiro o cartel da primeira edición da Mostra de Teatro Amador de Outes “Nicolasa Añón”. Segundo fixeron saber, a axenda inclúe funcións todos os sábados ás 20.00 horas, dende o 8 de marzo ate o 12 de abril, no auditorio da Casa da Cultura. A escolma de pezas a representar foi elaborada pola Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes conxuntamente co Concello de Outes. O obxectivo da mostra é dar a coñecer agrupacións de teatro amadoras e achegar o seu traballo á veciñanza e visitantes.

O tenente alcalde afirmou: “Esta mostra nace da colaboración entre a área de Cultura e o grupo de teatro de Terra de Outes e agardamos que sexa a primeira de moitas por vir”.

Pola súa banda, Carlos Outeiral sinalou que “desenvolvemos esta mostra en colaboración con outras cinco asociacións e agrupacións que se achegan a Outes para compartir o seu traballo coa veciñanza”.

As obras serán de acceso libre e gratuíto ate completar aforo polo que non se farán reservas. A programación arrinca o 8 de mazo con Quen o diría, da Asociación Charamela de Melide.

O 5 de abril celebrarase a estrea da obra O doente imaxinario… Daquela maneira do grupo anfitrión.

A axenda ao completo pódese consultar na web municipal, outes.gal.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.