Boiro aposta por retomar a construción de máis carrís bici

20 Decembro 2024


O Concello de Boiro celebrou este xoves día 19 o pleno ordinario da Corporación local correspondente ao mes de decembro. A sesión contou coa totalidade de membros da Corporación (17) ata a votación do punto número 3 da orde do día no que os cinco concelleiros do Partido Popular abandonaron o pleno. A sesión pode visualizarse íntegra a través da canle de YouTube. A xornada de traballo saldouse entre outros acordos coa renovación do acordo de integración das Bibliotecas Públicas de Boiro na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, ou a prolongación da construción de máis carrís de bicicletas, con medidas concretas para seguir favorecendo dende o Concello a mobilidade sostíbel.

As votacións quedaron deste xeito:

1. Aprobación da acta da sesión anterior – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

2. Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Boiro para a renovación do compromiso de integración na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia das Bibliotecas Públicas Municipais de Boiro – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

3. Ratificación da remisión ao TACGAL do expediente e da proposta de informe da alcaldía de oposición ante os recursos especiais en materia de contratación presentados pola Asociación ASADE e o Sindicato CCOO contra o expediente de contratación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Boiro – aprobación por 9 votos a favor (PSOE) e 3 votos en contra (BNG e Boiro Novo). Os 5 concelleiros do PP abandonaron o pleno logo do debate do punto tres e antes da votación do mesmo.

4. Moción do grupo Boiro Novo relativa a retomar a construción de carrís bici e fomento da mobilidade sostible – aprobación con 10 votos a favor (PSOE + Boiro Novo) e 2 abstencións (BNG).

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...