Festa de San Cristovo

06 Xullo 2019

20190706.- En Ribeira este domingo, 7 de xullo, os condutores festexarán a conmemoración do seu patrón, San Cristovo. Unha festividade que se recuperou hai oito anos grazas ao labor da asociación Alfaia e da Parroquia de Santa Uxía. A xornada en Ribeira comezará ás 11.00 horas con pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Xiada, así como unha concentración de vehículos no Malecón. Unha hora máis tarde, ás 12.00, celebrarase a Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Santa Uxía, cantada pola Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira dirixida por Antonio Fernández Ageitos. Aínda que nesta liturxia lembrarase a tódalas vítimas de accidentes de tráfico, María José Sampedro, concelleira de Cultura, sinalou que “este ano ten un matiz especial porque a Eucaristía vaise dedicar a Sara e Abraham, veciños do municipio que o pasado 4 de maio tiveron un tráxico accidente e faleceron.” Por iso, destacou que “vai ter máis emotividade.” A procesión partirá do recheo portuario, onde tamén se realizará a correspondente bendición, percorrendo as rúas García Bayón, Padín, Lepanto, Miguel Rodríguez Bautista, Alcalde Fernández Bermúdez, Rosalía de Castro e Galicia ata a igrexa. A concelleira de Cultura tamén quixo agradecer a colaboración dos clubs Reventapistóns e Galicia Garage.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.