A Xunta felicita a O Secadeiro (Outes) pola súa Estrela Verde Michelín

05 Decembro 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou este xoves 5 de decembro en Outes o restaurante O Secadeiro, galardoado cunha Estrela Verde Michelín e que, segundo lembraron, comezou a súa actividade cunha axuda de preto de 50.000 euros a través do programa Leader.

A conselleira engadiu que o recente premio a este establecemento fundamentouse no “especial compromiso coa sustentabilidade” a través da cociña, valorando o feito de que o 80% das súas elaboracións levan ingredientes de quilómetro cero, ao contar con horta e invernadoiro propios.

Gómez puxo en valor esta aposta polos produtos de proximidade e salientou o impulso dinamizador que representa este negocio de hostalería para a contorna, trasladando os seus parabén aos chefs Eva Guzmán e Fernando Rodríguez por facer da sustentabilidade unha das bandeiras do seu traballo.

A titular de Medio Rural engadiu que iniciativas como O Secadeiro “constatan que o medio rural é unha aposta de futuro que ofrece múltiples alternativas emprendedoras de éxito”.

Neste marco, a titular de Medio Rural lembrou que no último período deste programa aprobáronse 1.495 proxectos, o que permitiu crear un total de 933 postos de traballo e consolidar outros 3.256 no conxunto de Galicia.

Todo este labor, sinalou a conselleira, ten continuidade no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027, cun orzamento de preto de 57 millóns de euros, dos cales case 18 millóns se destinarán aos gastos de funcionamento dos GDR e os arredor de 39 restantes para apoiar diferentes proxectos dinamizadores no rural galego.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.