O Secadeiro de Outes, distinguido cunha Estrella Verde Michelín 2025

27 Novembro 2024

Un dos grandes triunfadores da gala das Estrellas Michelín celebrada este martes 26 en Murcia foi sen dúbida O Secadeiro, restaurante emprazado en Banzas (Outes), que foi recoñecido cunha Estrella Verde Michelín 2025. Recolleron o galardón os cociñeiros Eva Guzmán e Fernando Rodríguez grazas ao seu “especial compromiso coa sostibilidade a través da cociña” e por “tratar ben a terra e o produto, e por traballar coa maior naturalidade posíbel”. De feito, poden gabarse de que boa parte do que producen, arredor do 80%, foi elaborado con ingredientes de quilómetro cero.

Tamén triunfaron o Retiro da Costiña de Santa Comba, que obtivo a súa segunda Estrela Michelín coincidindo co seu 85 aniversario. A distinción foi recollida polo cociñeiro Manuel Garcia, quen adicou este importante premio á súa familia.

Galicia conta con 17 restaurantes con Estrella Michelín. Deles, só o Retiro da Costiña, de Santa Comba, Culler de Pau, de O Grove, e Pepe Vieira, en Raxó, contan con dúas estrelas.

Na gala tamén foi distinguido o Simpar de Santiago de Compostela, que recibiu a súa primeira estrela.

Exterior do Secadeiro de Outes

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.