Aberto ata o luns 25 de novembro o prazo de inscrición no programa Xuntos polo Nadal

24 Novembro 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou hoxe a Residencia de Tempo Libre da Xunta onde en aproximadamente un mes se desenvolverá o programa Xuntos polo Nadal, dirixido a aquelas persoas de 60 anos ou máis que vivan soas e non teñan compañía para pasar as festas. No acto, lembrou que o prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro luns, 25 de novembro.

No marco deste programa ofértanse 270 prazas para convivir durante esas datas con outras persoas que se atopen na mesma situación. Os destinos serán as residencias de tempo libre de Panxón (Nigrán) – para os inscritos de Lugo e Pontevedra – e O Carballiño – para os participantes da Coruña e Ourense -. 

O programa consiste en estadías de 15 días que abranguen do 24 de decembro deste ano ao 7 de xaneiro de 2025. Está incluído o aloxamento e a manutención a pensión completa, así como os desprazamentos de ida e volta. Os requisitos son ter 60 anos; estar empadroado en Galicia; vivir sés no seu domicilio e non ter con quen pasar as datas do Nadal; ademais de valerse por si mesmos, entre outros. Para baremar as solicitudes, terán prioridade as persoas que perderan ao seu cónxuxe ou á persoa coa que convivisen nos últimos anos, as que teñan máis idade e ás que non participaran en edicións anteriores.

As inscricións poden realizarse preferentemente por vía telemática na sede electrónica da Xunta, ou ben de maneira presencial. As solicitudes deben de ir acompañadas da declaración responsable e do informe social que figuran nos modelos oficiais da convocatoria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.