A Xunta financiará os traballos para mellorar a seguridade no Centro de Día en Porto do Son

27 Outubro 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, asinaron este domingo 27 de outubro un convenio de colaboración para a realización de obras de mellora da seguridade no Centro de Día para persoas maiores do concello. A Xunta de Galicia financiará con 50.000 euros o peche do perímetro da parcela na que se asenta o inmóbel. O Concello encaragase de contratar e executar os traballos, que consistirán na construción dun muro de formigón de arredor de 60 centímetros de altura. Ademais, instalarase un portal para o acceso rodado e peonil dotado de videoportero na entrada principal á parcela.

Explicaron que esta intervención súmase a outras realizadas neste Centro de Día, sendo unha das mais recentes a construción dunha marquesiña que cubre o acceso ao inmóbel e que protexe aos usuarios do servizo cando chegan e saen.

Andaina contra o cancro

Posteriormente, a conselleira de Política Social e Igualdade participou xunto ao rexedor na Andaina Solidaria Contra o Cancro de Mama que organiza cada ano o Concello de Porto do Son en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro.

Trátase da cuarta edición deste evento, no que esta mañá participaron preto de 200 persoas e cuxa recadación se destina integramente a esta entidade. O percorrido solidario, de case catro quilómetros, comezou no paseo marítimo da localidade e continuou ata o Faro de Cabeiro, volvendo despois ao punto de partida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.