O Concello de Porto do Son organiza esta semana e a vindeira dúas sesións informativas abeiradas ao Servizo de Asesoramento Xurídico para Persoas Inmigrantes destinadas a achegar datos prácticos sobre os procesos de regularización. Haberá, como dixemos, dúas quendas:
-Venres, 18 de outubro ás 12:30h na Casa da Cultura de Porto do Son
-Luns, 21 de outubro ás 12:30h na Casa da Cultura de Portosín
As sesións serán impartidas e conducidas por Tania Castro, asesora xurídica en materia de inmigración.
O obxectivo xeral destas xornadas é “informar, asesorar e acompañar ás persoas estranxeiras sobre os trámites e normas relacionadas co regulamento da situación de residencia, co obxecto de favorecer a integración sociolaboral e garantir o acceso aos seus dereitos”.
Inscricións no 981 86 74 14 ou no mesmo día previa entrada á sesión.




