Sección “Ollo de gaivota”: remontando Palmeira

02 Outubro 2024

O desgaste e a idade, sumado a hábitos como o uso de dispositivos, fan que a nosa vista se vaia deteriorando e lles botamos a culpa aos libros por esluír as letras, aos prospectos dos medicamentos por viren con indicacións cada vez máis miúdas, e ás cousas que nos caen ao chan por esa tendencia que teñen de escapar das nosas mans cando queremos collelas…

Pero non, o problema está nos nosos ollos e podemos facer varias cousas para emendalo ou corrixilo, como poñer unhas lentes ou, tamén, afastarnos dos obxectos e das persoas para velos mellor. Cos sitios que nos rodean pásanos o mesmo e é moi recomendábel irse aos horizontes para contemplalos, non só para desfrutalos, perdernos en ensoñacións ou simplemente estar nas verzas, senón tamén por que é bo para a saúde ocular. Esta foto de Palmeira que compartiu con nós Fran D. é a nosa terapia visual deste 2 de outubro. Como dicía o filósofo, se xa non es quen de valorar as cousas que te rodean, move as alas e alza o voo.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.