Un operario trasladado en helicóptero tras caerlle unha árbore enriba en Outes

14 Setembro 2024

O accidente ocorreu no monte, no lugar de Río de Outes, cando o operario realizaba o seu traballo.

O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 chamou ao 112 Galicia sobre as 09:30 horas desta mañá para solicitar medios para evacuar ao traballador.

Indicaban que unha árbore lle caera enriba pero que estaba totalmente liberado. Sen embargo, eran precisos  medios para axudar a baixalo dende o monte ata o lugar onde o agardarían os medios sanitarios, na estrada xeral.

Así, tras activar o dispositivo de actuación, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia, da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Con todo, debido ás lesións que presentaba a vítima, os profesionais sanitarios derivaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que aterrou no campo de fútbol da localidade.

Tras estabilizar ao ferido na ambulancia foi levado ata onde o agardaba a aeronave, que o derivou ao Hospital Clínico de Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.