O certame boirense Olloboi recibe este venres o Premio José Sellier que concede a Academia do Audiovisual

19 Febreiro 2020

O audiovisual da nosa comarca vén de obter un importante recoñecemento. Estamos a falar do Premio José Sellier que concede a Academia Galega do Audiovisual ás entidades e iniciativas que máis e mellor traballan na Comunidade por facer voar o talento cinematográfico da canteira (e, tamén, da xente xa consagrada), e que este ano irá dar ao festival escolar Olloboi, posto en marcha en Boiro e na actualidade mergullado na súa décima edición.

O premio, en palabras da academia, vén dado pola aposta do festival boirense a prol do cinema “como unha ferramenta transversal para a educación en valores, a promoción da cultura e o idioma galegos entre a xuventude e a visualización dun compromiso ambiental e social coa entorna”. Tamén salienta o traballo feito para favorecer que a nosa mocidade atope a súa voz nas linguaxes cinematográficas. A entrega dos premios desenvolverase este venres 21 de febreiro no Encontro de Finalistas dos XVIII Premios Mestre Mateo que se celebrará na Coruña.

As orixes do certame

A Asociación Cultural Olloboi naceu do labor dun grupo de docentes asentados no Barbanza desde o ano 2009, ao que se lle foi engadindo xente de fóra do ámbito educativo. Constituídos como asociación, organizan cada ano o certame escolar Olloboi, coa finalidade de “promover que o cine galego chegue ás aulas” dunha maneira creativa e participativa, e, a ser posíbel, en galego. O seu equipo de dirección está constituído por Lolo Garrido e Susana Diz, que asumen a parte de deseño, Petro Álvarez, que coordina a admisión de vídeos e supervisa os contidos e Ana Moreiras, que coordina, comunica e produce. Ademáis, Yaiza Vicente e Javi Paz encárganse de xestionar a parte informática e de redes e Sara Hermo colabora en traballos de produción e realización.

O nome de Olloboi xorde da unión de dous conceptos: o ollo, unha alusión directa á visión, ás lentes e por outra Boi, en referencia a Boiro, o municipio do Barbanza que acolle cada ano o festival.

Como dixemos, este 2020 o festival celebrará a súa décima edición, unha convocatoria na que vai participar un importante número de escolares, docentes e profesionais do sector, tanto nas proxeccións en si mesma, como nas seccións de cinema de guerrilla. Contará coa colaboración de cineastas e a cidadanía de Boiro (Muchachada 4×4) e unha entrega de premios nos Asteleiros Triñanes.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...