A Dorna convoca para o 14 de marzo a Cea Solidaria de Peñas

18 Febreiro 2020

O espírito solidario-festeiro da Festa da Dorna de Ribeira segue vivo en inverno. Segundo informou a xunta directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna, vaise realizar no vindeiro mes de marzo a Cea Solidaria das Peñas, unha cita de confraternidade onde xuntar forzas e recursos para botar unha man a quen máis o necesita.

O citado evento celebrarase o sábado día 14 de marzo, ás 22:03 horas, no Restaurante Baiuca da parroquia de Artes, en Ribeira. A confraría explica que xa está aberto, tanto para persoas asociadas como para as que non o son, o prazo de inscrición. Pode facerse en festadadorna.com/escaparate/.

A entidade dorneira engade que se trata “cun evento de carácter solidario”, programado para recadar recursos para o “fondo social”, apartado orzamentario que se destina a diversas causas de carácter solidario e humanitario. A confraría anima a acadar entre todas e todos (sosios ou non sosios) a máxima repercusión económica e tamén estética: de feito, serán especialmente ben recibidos os comensais que veñan cunha indumentaria na cabeza, “coa finalidade de darlle un toque máis lúdico e galán”.

A cea convócase en dúas modalidades de participación: a opción primeira (cea solidaria máis o DVD da Ópera Dorna de agasallo, a un prezo de 38,95 euros para socios e de 40,95 para non socios) e a opción segunda (cea solidaria a un prezo de 35 euros para socios e 37 para non socios).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...