Lousame licita as obras de mellora do núcleo de Abeixón e do viario da Cabaleriza á DP-1103 por máis de 100.000 €

14 Agosto 2024

O Concello de Lousame vén de licitar as obras de mellora do núcleo de Abeixón e do viario entre a localidade da Cabaleriza e a estrada provincia DP-1103 por 105.779 euros. A alcaldesa Teresa Villaverde explicou que se trata de dúas actuacións incluídas no Plan de mellora de estradas e de acondicionamento dos accesos e interiores dos núcleos das aldeas, un plan que “iniciamos xa hai un para de lexislaturas para mellorar as comunicacións entre os principais núcleos de poboación de Lousame e porque somos conscientes de que temos máis de 80 núcleos”. Engadiu que xa se actuou en moitos deles como Camboño, Vilar, Xestoso, Lesende, A Escabia, Castro ou Guiende, e agora “continuaremos en Abeixón e na conexión entre A Cabaleriza e a estrada provincial”.

No caso da mellora do núcleo de Abeixón, a actuación contempla unha actuación sobre unha superficie total de 680 metros cadrados na que se demolerá a superficie existente para proceder á súa nivelación e posterior reposición con 10 centímetros de saburra (zahorra) e 20 centímetros de formigón. Contémplase a construción tamén dun pozo de rexistro para a correcta canalización e recollida das augas pluviais, ao que axudará a roza das gabias e a limpeza das salvagabias. As empresas interesadas deberán presentar as súas ofertas antes do luns 19 de agosto.

Pola súa banda, a actuación na Cabaleriza suporá a mellora da capa de rodaxe dun viario de 860 metros que enlaza esta aldea coa estrada provincial DP-1103 Comparada a Ponte Beluso. Tras a reparación de fochancas está previsto o estendido de 6 centímetros de mestura bituminosa en quente en toda a plataforma, de 4 metros de ancho. Así mesmo, contémplase a apertura de gabias e a limpeza de salvagabias, ademais do pintado de marcas viarias e sinalización vertical, coa colocación dun sinal de Stop. Neste caso, o prazo para presentar ofertas estará aberto ata o mércores 28 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.