Novo número da edición impresa da nosa publicación, Código Cero, a 253 da revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

10 Agosto 2024

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, a 253 , que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á Cidade das TIC e a súa folla de ruta, que inclúe un revolucionario estudio inmersivo (CEI) financiado pola Deputación da Coruña. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Goberno executa este ano 19,4 millóns para estender a banda larga ao conxunto de Galicia
– Minia Manteiga, investigadora do CITIC, nova presidenta da Sociedade Española de Astronomía
– Enredando Tour comezou unha xira de capacitación dixital de persoas maiores por 20 localidades
– CIES axuda ás administracións a afrontar os seus principais desafíos en ciberseguridade
– Até 34 pemes reciben axudas de GAIN para mellorar a súa capacidade innovadora
– A Xunta impulsa un innovador sistema que facilitará e mellorará a xestión da biodiversidade
– A AMTEGA e FEGAUS colaboran para formar a persoas maiores no uso da banca dixital
– Abre o prazo para solicitar as axudas para mellorar a conectividade dos polígonos
– Alento asesorará de balde a 30 proxectos en mercadotecnia e comunicación
– UVigo e CESGA organizan en setembro o principal cumio mundial sobre criptografía cuántica
– Os concellos comparten detalles dos seus novos proxectos de ciberseguridade
– Santiago renova con tecnoloxía LED e intelixente as súas luminarias
– O Goberno tomará medidas para evitar os calotes telefónicos
– A Secretaría de Lingua e a USC dan continuidade a Neofalantes.gal
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Gaming Troop e o Concello de Pontevedra ultiman os detalles da 3ª Lérez Up

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.