Durante o martes unha fronte pouco activa chegará a Galicia polo noroeste. Así, predominarán as nubes baixas en xeral, con chuvias febles que comezarán polo litoral coruñés e que cara á tarde chegarán ao norte da provincia de Lugo. As temperaturas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte, virando a nordés ao final do día.

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



