Rescatada unha persoa que resultou ferida tras caer na fervenza Misarela, no concello da Pobra do Caramiñal

04 Agosto 2024
Bombeiros Boiro

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro e de Ribeira participaron esta tarde no rescate dunha persoa que resultou ferida tras caer na fervenza Misarela, no río Pedras, no concello da Pobra do Caramiñal.Os efectivos colaboraron na evacuación da persoa, que foi trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago en helicóptero.

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso logo do aviso dun particular cando estaban a piques de ser as 16:30 horas. Durante a súa chamada, o alertador explicou que unha muller caera sobre unhas pedras na Fervenza da Misarela, en Lesón, e non era capaz de erguerse de novo ao ferirse nunha perna.

Con esta información, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Boiro. O aviso tamén se pasou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribeira, á Garda Civil da Coruña, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal.

Os Bombeiros de Boiro lograron chegar ata a persoa, que se atopaba estable e consciente, aínda que sen poder andar. Debido a que o camiño estaba intransitable, a evacuación por terra antollábase difícil, polo que se solicitou a saída do helicóptero Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén foi notificado Salvamento Marítimo.

A ferida, xa cos Bombeiros tanto de Boiro como de Ribeira no punto, foi rescatada polo Pesca I e evacuada ata o hospital de referencia.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.