O Concello de Rianxo recibe aos nove rapaces saharauís acollidos por familias locais do programa “Vacacións en Paz”

12 Xullo 2024

O alcalde rianxeiro Julián Bustelo recibiu este 12 de xullo, no Salón de Plenos do Concello de Rianxo, os nove nenos e nenas saharauís acollidos por familias rianxeiras no marco do programa Vacacións en Paz promovido por SOGAPS: Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, un programa que permite que estes nenos e nenas pasen o verán afastados das temperaturas que nestes meses se acadan nos campos de refuxiados do deserto.

O Concello de Rianxo colabora con este programa solidario sufragando parte do gasto das viaxes e facilitando a participación dos nenos e nenas no Campamento Concilia Verán 2024.

No acto tamén participou o director da Piscina Municipal, dado que durante a súa estadía no municipio os nenos e nenas poderán facer uso gratuíto da instalación e participar nun dos cursos que promove.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.