Ribeira adquire un tractor polivalente para mellorar e alixeirar a limpeza de camiños e estradas

10 Xuño 2024

Abrindo a semana, este luns 10 de xuño, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde Francisco Suárez-Puerta, e o concelleiro delegado de Mar, Fernando Abraldes acudían á parroquia de Corrubedo a supervisar os traballos do novo tractor polivalente para labores de limpeza de rozas.

Cun investimento de 175.000€ refórzase o equipamento de rozas de estradas e camiños coa adquisición deste tractor polivalente de nova tecnoloxía con tracción ás catro rodas, que posúe un brazo mecánico rotatorio, unha escobilla de púas (para limpar as herbas das beirarrúas) e un soprador.

Luís Pérez sinalou que “con este equipamento axilizarase o traballo nas rozas mecánicas sobre todo nesta época na que a herba medra tanto nos camiños e nas estradas”. Para facérmonos unha idea: unha pasada deste tractor por unha estrada fará o traballo de 3 persoas, o que suporá alixeirar as tarefas noutras parroquias e localizacións.

Por outra banda, Luís Pérez engadiu que “sabemos que hai moitos camiños por actuar, sabemos que esta primavera foi moi chuviosa e que agora están medrando moito as herbas polo que informamos á poboación que teñan en consideración que con esta nova adquisición vaise reforzar dunha maneira considerábel o servizo”.

A intención do goberno é consolidar o mantemento e limpeza que a veciñanza das parroquias demanda, amais de traballar para aumentar o número de persoal para devanditas tarefas.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.