F. Farrapos inaugura nova mostra este venres no Auditorio de Rianxo

06 Febreiro 2020

O artista rianxeiro F. Farrapos, nome artístico de Fran Otero, vai expoñer novamente na súa terra. Farao a través da segunda Mostra de Arte Moderna, un paso creativo adiante con respecto ás súas anteriores contribucións artísticas, as que puido coñecer de primeira man o público de Rianxo hai exactamente dous anos e no mesmo escenario: a sala de exposicións do Auditorio local. Os tres piares básicos da nova mostra serán o alternativo, o ecléctico e máis o reciclado.

Con todo, o artista adianta que haberá un cuarto ingrediente que cingue temática e formalmente todos os demais: o evolutivo. A exposición, organizada pola área de cultura do Concello de Rianxo, poderá verse entre o 7 de febreiro e o 7 de marzo. O acto de apertura, a inauguración oficial da mostra, celebrarase este venres 7 de febreiro ás 21.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...