Rueda reivindica o galego como “vínculo de unión” e destaca a “harmonía” do bilingüismo

17 Maio 2024

“O noso idioma é o fogar de todos os galegos, un fogar amplo, acolledor, que non pertence a ninguén ou, máis ben, pertence a todas e todos, a todo un pobo que o ama, deféndeo e cultívao”, dixo o presidente da Xunta no acto celebrado polo Goberno galego no Teatro Colón da Coruña en homenaxe a Luísa Villalta

Academia Galega

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou este 17 de maio, na gran festa da lingua, a importancia do idioma galego como “vinculo de unión” e destacou a “harmonía” do bilingüismo.

O titular do Executivo galego presidido o acto celebrado polo Goberno galego no Teatro Colón da Coruña en homenaxe a Luísa Villalta, no que participaron o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices; a presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez; e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, entre outras autoridades, ademais de familiares de Villalta.

Rueda, que lembrou que hai dous anos o día das Letras, entón dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, foi o primeiro acto que tivo a honra de celebrar como máximo mandatario autonómico; destacou que “o noso idioma é o fogar de todos os galegos, un fogar amplo, acolledor, que non pertence a ninguén ou, máis ben, pertence a todas e todos, a todo un pobo que o ama, deféndeo e cultívao”.

Esa “casa” debe facerse máis grande, remarcou, e para iso convidou a conciliar a “liberdade inherente” a calquera persoa que vive nun país libre co necesario “impulso” a unha lingua que durante moito tempo foi “inxustamente postergada” e viviu “á intemperie”.

“As linguas son para comunicarse, non para evocar ningún conflito ou lea”, manifestou Rueda, que no seu discurso pediu, ademais, non caer na “autocompracencia”, porque “queda moito por facer”.

Lembrou que precisamente por iso creouse unha Consellería específica. “O camiño emprendido para engrandecer o noso idioma aínda ten etapas por diante, moitas etapas por diante. Quedan por superar moitos desafíos, algúns que coñecemos e outros que están por vir e tamén por coñecer e espero que por superar. Xa sabemos que a fórmula idónea é o respecto ás diferentes sensibilidades”.

“Todo isto hai que facelo entre todos e contra ninguén”, pediu, ao apuntar que os galegos, polo seu “bilingüismo”, poden transitar do galego ao español “moitas veces de modo inconsciente e sempre con plena liberdade”, debido a unha “relación harmónica”.

Romper iso sería “tanto como imitar modelos foráneos que xa demostraron a súa ineficacia” e, por iso, “é un erro que non debemos cometer”, apremou.

“Os idiomas naceron para comunicar, transmitir, unir e compartir”, afirmou Rueda. “Non creo que exista para Luísa Villalta e para todos os que foron homenaxeados e os que o serán nos seguintes anos mellor encomio que dicir que tiñan a capacidade de crear un mundo en cada palabra”, concluíu.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.