A Casa da Cultura de Boiro alberga este venres 5 de abril a estrea no concello da obra teatral Testosterona, unha representación de Malasombra con Luis Iglesia e Camila Bossa como protagonistas. O espectáculo, que é para público adulto (máis de 16 anos), dará comezo ás 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función.
Testosterona é unha obra escrita por Xoque Carvajal que nos conta a historia do director dun importante medio de comunicación que debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Unha é muller, home o outro.
Xoque Carbajal adapta neste espectáculo a obra Testosterona da escritora mexicana Sabina Berman. Trátase dunha comedia que fala da desigualdade laboral por cuestión de sexo.




